16486
Mostrando entradas con la etiqueta Paseos paisanos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Paseos paisanos. Mostrar todas las entradas
Castro de Pendia, Asturias
O castro de Pendia, no concello asturiano de Boal, no val do río Navia, foi escavado no ano 1941 por J. Uría Ríu e A. García y Bellido, quen un ano máis tarde xa publicou os resultados. O castro non foi intervido novamente ata 1999, cando se consolidaron as ruínas e se acondicionaron para as visitas. Entre 2003-2013 realizáronse as derradeiras escavacións.
O castro está situado nun esporón longo e estreito, sobre o que se construíu un poboado moi singular, pois, a pesar do seu exiguo tamaño e as escasas construcións (14 descubertas), presenta 2 saunas e constrúe un recinto fortificado anexo á croa para aloxar unha única grande construción.
Vistas do castro na paisaxe:
As escavacións revelaron unhas cronoloxías dende polo menos o s. IV a. C. ata os comezos do s. II d.C., constantándose moitas modificacións e adaptacións, especialmente visibles na muralla, que chega a desmantelarse nalgún tramo xa en época romana para ampliar o espazo habitado.
Outras construcións:
Bibliografía:
“Castro de Pendia”, en Castros de Asturias (con toda a bibliografía e enlaces para a descarga)
Rodríguez del Cueto, F. 2017. Arquitectura, urbanismo y espacios domésticos en “El Castro”, Pendia (Asturias, España). Siglos IV a. C.–II d. C. BAR (British Archaeological Reports)
O castro está situado nun esporón longo e estreito, sobre o que se construíu un poboado moi singular, pois, a pesar do seu exiguo tamaño e as escasas construcións (14 descubertas), presenta 2 saunas e constrúe un recinto fortificado anexo á croa para aloxar unha única grande construción.
Vistas do castro na paisaxe:
![]() |
![]() |
As escavacións revelaron unhas cronoloxías dende polo menos o s. IV a. C. ata os comezos do s. II d.C., constantándose moitas modificacións e adaptacións, especialmente visibles na muralla, que chega a desmantelarse nalgún tramo xa en época romana para ampliar o espazo habitado.
Vista dende a parte superior da croa |
|
|
|
|
![]() |
Sauna 2, hipoxea no lado do forno |
Outras construcións:
![]() |
Vista cara á parte alta da croa (derrubes dun torreón ao fondo) |
Bibliografía:
“Castro de Pendia”, en Castros de Asturias (con toda a bibliografía e enlaces para a descarga)
Rodríguez del Cueto, F. 2017. Arquitectura, urbanismo y espacios domésticos en “El Castro”, Pendia (Asturias, España). Siglos IV a. C.–II d. C. BAR (British Archaeological Reports)
Castro de Cabo Blanco, Asturias
Coñecín o impresionante Castro de Cabo Blanco na rede, a través da páxina Castros de Asturias, unha estupenda ventá ao mundo castrexo asturiano onde se recollen todas as novas e bibliografía relacionadas co tema.
Este castro sitúase en Valdepares, un lugar no concello de El Franco atravesado pola N-634. Deixando esta estrada hai que coller un desvío cara ao norte -dirección Fonfría-, pasar por diante dun antigo pazo, dunha igrexa co seu cemiterio e non parar ata chegar á punta, na que se sitúa o castro.
Hai uns anos fixéronse algunhas catas arqueolóxicas, pero hoxe están completamente cubertas pola vexetación. Das estruturas só se distinguen as defensivas, que non son poucas, destacando o foxo que atravesa o istmo e separa a punta da terra firme (a trincheira que o
configura, despexada tamén durante a intervención arqueolóxica, ten 10 m. de altura no tramo máis profundo e 7 m no máis ancho).
![]() |
Plano de A. Villa Valdés |
Pero ao longo do cabo hai polo menos outros 4 foxos, 2 deles coas súas correspondentes murallas, hoxe cubertas por un monte de derrubes (ver plano adxunto).
A exploración da muralla central constatou a remodelación dunha anterior. Outras sondaxes no interior do recinto desvelaron diferentes cabanas castrexas de planta redondeada, sobre as que tamén se fixeron reformas varias ao longo do tempo. As datacións por C14 e os materiais arqueolóxicos atopados sitúan a fase de poboamento más antiga constatada ata o momento entre os ss. IV-II a.C., continuándose ata tempos romanos, non sobrepasando seguramente o século II d.C.
| ||||
|
O pazo de Fonfría (s. XVI)
Bibliografía-Webgrafía
- "Castro de Cabo Blanco", en Castros de Asturias
- FANJUL MOSTEIRÍN, J.A. y VILLA VALDÉS, A. y MENÉNDEZ GRANDA, A. (2009): “El castro de Cabo Blanco, Valdepares (El Franco): informe sobre los trabajos de acondicionamiento y exploración arqueológica (2004-2007)”, Excavaciones Arqueológicas en Asturias 6, 2003-2006. Principado de Asturias. Oviedo, 255-264.
- VILLA VALDÉS, A. (2007): "Mil años de poblados fortificados en Asturias (siglos IX a.C.-II d.C.)", en J. A. Fernández-Tresguerres (Coord.): Astures y romanos: nuevas perspectivas. Real Instituto de Estudios Asturianos. Oviedo, 27-60.
Etiquetas:
Paseos paisanos
A Ermida de San Guillerme de Fisterra. Cal "cama do santo"?
Cabo de Fisterra. Localización da ermida. |
- (79 r) “Desde Finisterre, pasé a ver, y adoré, al Santísimo Cristo, que está en la falda del cabo, y es muy devoto y está en decencia. Después subí a por (después de mediodía) el cabo y llegué hasta la ermita de San Guillelmo, que está muy mala, y San Guillelmo de piedra vestido de agustino.
[El que nos guiaba (creo D. Juan Alejandro Senlle) nos enseñó en ermita el sitio en que, no hace mucho tiempo, había como una pila o cama de piedra, en la cual se echaban a dormir marido y mujer, que por estériles, recurrían al santo y a aquella ermita; y allí delante del santo engendraban. Y por ser cosa tan indecorosa, se mandó, por visita, quitar aquella gran piedra, pilón o cama, y se quitó el concurso]
(79 v) [...] Desde la ermita de San Guillelmo en donde estuve, se ve mucho mar, rías y cabos, v. gr. : el de la Nave con sua arenal; el Pindo monte, la boca de la ría de Curcubión, las peñas Lobeiras, que abundan infinito de percebes, la boca de la ría de Muros, etc.
(83 r-v) El Pindo es del Marqués de la Sierra, y le tiene arrendando para pastos y vale mucho. No hay lugar en él, sólo excelentes pastos, y buenas aguas. Dicen mil cosas de lo que hay dentro: que crece la yerba mucho de la noche para la mañana, que hay infinitas yerbas medicinales y muchas incógnitas, y que allí van a buscarlas algunos médicos; que dentro son fecundísimos los animales, y oí que en algún tiempo solían ir al Pindo los casados con el fin de tener sucesión, al modo que dije de San Guillelmo de Finisterre.
Frei Martín Sarmiento. Viaje a Galicia. 1745 (Ed. de J. L. Pensado, Univ. Salamanca, 1975)
Corredoira cara á ermida |
A existencia de pedras máxicas en Galicia das características das de Fisterra é ben coñecida no país. De todas as posibles funcionalidades insólitas destas pedras máxicas, a capacidade de outorgar a fecundidade é unha máis entre os moitos poderes de tipo medicinal ou sandador que xeralmente se lles atribúe.
Popularmente coñécense ás veces como “Cama do Home” ou “Cama do santo”. A alusión á cama refire o seu uso como leito, mentres que a mención do santo parece suxerir a “transferencia” do poder máxico da pedra ao santo do lugar, no caso de Fisterra, un tal Guillerme.
Tras as escavacións arqueolóxicas da pasada década, hoxe en día a ermida de San Guillerme conserva supostamente in situ a famosa “cama do santo”, aínda que resulta difícil identificala entre os elementos visibles dada a disparidade de interpretacións sobre o particular.
Plano do conxunto arqueolóxico de San Guillerme (extraído do panel informativo -modificado.) |
Así, mentres a opinión popular supón que a “cama do santo” é o sartego antropomorfo situado ao pé do chamado altar no interior da ermida, segundo outras opinións -como a verquida no panel informativo- o sartego sería a cama do santo propiamente dita (en canto leito destinado ao santo), non a pedra de fecundación. De feito, a tradición sostén que o sartego é a mesma tumba de S. Guillerme (de aí a denominación “cama do santo”), un personaxe non obstante difícil de identificar historicamente, quizais só imaxinado pola tradición popular.
Penedo plano baixo o abrigo, suposta "cama do santo" segundo información da Xunta. |
![]() |
Cartel explicativo sobre a ermida. Aquí identifícase a pedra da fecundidade cunha "gran lousa horizontal" |
En definitiva, cal das pedras podía ter sido retirada senón o sartego?. E aínda así, todos os indicios apuntan a que a cama non debeu ir moi lonxe, porque axiña a repuxeron para continuar co vello rito de fecundación. E parece que alí continúa...
![]() |
Na estancia da esquerda (a ermida) vese o chamado altar ao fondo e, tamén ao fondo á dereita da mesma estancia, o sartego ou "cama do santo" . |
P. S.
Chegar á Ermida de San Guillerme en agosto de 2014 non foi doado. Da estrada que vai da vila de Fisterra ao Faro hai un desvío ben sinalizado no punto de saída, por onde se aparta por unha corredoira que sobe ao monte, en coche con moita dificultade polos cavorcos que hai polo medio. Botados a andar, non atopamos ningunha sinalización, agás os restos do que supoñemos vellos paneis turísticos estragados polo vandalismo e non repostos pola autoridade competente. Estes únicos indicios (máis que indicadores), guiaron o noso percorrido por un inseguro, empinado e longo camiño de case 2 km a través dun monte de piñeiros. Velaquí o percorrido no mapa (sospeito que debe haber atallos...):
Bibliografía
Fernando ALONSO ROMERO e Manuel CORNIDE CASTRO PIÑEIRO. 1999. “Sobre la orientación astronómica de la capilla de San Guillermo (Finisterre. Galicia). Anuario Birgantino, 22 (83-90) (En liña: http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab1999PDF/1999%20083_090.pdf )
s.v. “Litolatrías”, en Eladio RODRÍGUEZ. 1958-1962. Breviario Enciclopédico (ed. de C. Fdez. Valdehorras, La Voz de Galicia, 2001)
Xesús TABOADA CHIVITE. 1965. “O culto das pedras no noroeste peninsular”. RAG (Discurso pronunciado na Real Academia Galega)
Castros de Lugo, en Albeiros e a Piringalla.
Castros de Albeiros e A Piringalla (sinalados con estrelas vermellas) |
Actualmente coñécense polo menos dous castros situados na
mesma cidade de Lugo, aínda que na súa periferia. Ambos os dous coñécense polo
nome dos barrios lugueses nos que se localizan, o un o de Albeiros e o outro o
da Piringalla.
O primeiro é mellor coñecido no lugar como A Croa, un
topónimo galego que xa indica claramente a presenza no lugar dun castro, posto
que “croa” (abreviación de coroa) alude á característica forma redonda dos
castros.
Na actualidade esta croa está parcialmente ocupada por diferentes construcións,
pero vese ben conservado aínda nun dos seus lados (ao S), onde pode observarse
á perfección un profundo foxo flanqueado por dous grandes parapetos hoxe ben distinguibles
dende o aire polo arborado que os percorre.
As liñas sinalan o contorno recoñecible da croa máis a situación do foxo situado entre arborados. |
Imaxe do foxo entre o parapeto exterior e o da croa, máis elevado (posible muralla) |
O castro da
Piringalla, tamén coñecido como Castro de Marcelle, sitúase no lugar
ben expresivo de Agra dos Castros. O grao de transformación deste espazo
nos últimos tempos debeu ser considerable, posto que na actualidade non queda
ningún rastro topográfico dun castro no lugar. Así o expresaron os arqueólogos
que o escavaron logo de teren aparecido restos arqueolóxicos tras a realización
dunhas obras relacionadas cos depósitos próximos destinados ao abastecemento de
auga á cidade. De non se teren producido estas obras e a identificación deses
restos, nunca se tería previsto a existencia dun castro entre estas hortas
situadas xusto no límite do espazo urbanizado da cidade. Hoxe en día seguimos
sen poder distinguir nada en superficie, posto que tras a súa escavación entre
2007-2008, os restos foron novamente soterrados para a súa protección.
Para os detalles desta intervención, ver Roberto Bartolomé Abraira. 2008. “Primeiras valoracións da intervención realizada na Agra dos Castros, Marcelle (Lugo)”. En Croa. Boletín da Asociación de Amtigos do Museo do Castro de Viladonga. Lugo (en liña: http://www.aaviladonga.es/adjuntos/1295352839.pdf)
Para os detalles desta intervención, ver Roberto Bartolomé Abraira. 2008. “Primeiras valoracións da intervención realizada na Agra dos Castros, Marcelle (Lugo)”. En Croa. Boletín da Asociación de Amtigos do Museo do Castro de Viladonga. Lugo (en liña: http://www.aaviladonga.es/adjuntos/1295352839.pdf)
Tamén o vídeo de Ramón Castro:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)