María Sánchez Tizón, nada na Zapatería en 1910 (Teixeiro-Curtis, A Coruña), contaba isto das condicións de vida dun neno pobre, de quen falaba a partir do que se contaba cando o neno xa era vello, e a quen chama «o tío Xorxe». A infancia deste home puido terse desenvolvido, por tanto, cara a finais do século XIX.
Un velliño que había na miña aldea [o tío Xorxe] criouse sin pais, e iba coida-lo ghado por un codeliño de pan cada día a unha xente que tiña máis ca el, que non tiña nada. E criouse sin pais. E disque que miraba onde houbese así, no camiño, un sitiño que fose un buratiño, que fixese burata o camiño, e andaba descalciño co ghado todo o día, polos montes, por riba dos toxos, e mexaba alí e quentaba os peíños na mexa. Mira que esclaviño era! E non lle daban na’máis que un codelo de pan que levaba co ghado. Despois íballes levar o ghado á casa, e íbase pa’ casa , pa’ unha caseta, pa’ súa caseta, el máis unha irmá [era unha «neniña pequeniña», á que lle chamaban a Pogha, a Phoga de Sosa]