Cabo de Fisterra. Localización da ermida. |
- (79 r) “Desde Finisterre, pasé a ver, y adoré, al Santísimo Cristo, que está en la falda del cabo, y es muy devoto y está en decencia. Después subí a por (después de mediodía) el cabo y llegué hasta la ermita de San Guillelmo, que está muy mala, y San Guillelmo de piedra vestido de agustino.
[El que nos guiaba (creo D. Juan Alejandro Senlle) nos enseñó en ermita el sitio en que, no hace mucho tiempo, había como una pila o cama de piedra, en la cual se echaban a dormir marido y mujer, que por estériles, recurrían al santo y a aquella ermita; y allí delante del santo engendraban. Y por ser cosa tan indecorosa, se mandó, por visita, quitar aquella gran piedra, pilón o cama, y se quitó el concurso]
(79 v) [...] Desde la ermita de San Guillelmo en donde estuve, se ve mucho mar, rías y cabos, v. gr. : el de la Nave con sua arenal; el Pindo monte, la boca de la ría de Curcubión, las peñas Lobeiras, que abundan infinito de percebes, la boca de la ría de Muros, etc.
(83 r-v) El Pindo es del Marqués de la Sierra, y le tiene arrendando para pastos y vale mucho. No hay lugar en él, sólo excelentes pastos, y buenas aguas. Dicen mil cosas de lo que hay dentro: que crece la yerba mucho de la noche para la mañana, que hay infinitas yerbas medicinales y muchas incógnitas, y que allí van a buscarlas algunos médicos; que dentro son fecundísimos los animales, y oí que en algún tiempo solían ir al Pindo los casados con el fin de tener sucesión, al modo que dije de San Guillelmo de Finisterre.
Frei Martín Sarmiento. Viaje a Galicia. 1745 (Ed. de J. L. Pensado, Univ. Salamanca, 1975)
Corredoira cara á ermida |
A existencia de pedras máxicas en Galicia das características das de Fisterra é ben coñecida no país. De todas as posibles funcionalidades insólitas destas pedras máxicas, a capacidade de outorgar a fecundidade é unha máis entre os moitos poderes de tipo medicinal ou sandador que xeralmente se lles atribúe.
Popularmente coñécense ás veces como “Cama do Home” ou “Cama do santo”. A alusión á cama refire o seu uso como leito, mentres que a mención do santo parece suxerir a “transferencia” do poder máxico da pedra ao santo do lugar, no caso de Fisterra, un tal Guillerme.
Tras as escavacións arqueolóxicas da pasada década, hoxe en día a ermida de San Guillerme conserva supostamente in situ a famosa “cama do santo”, aínda que resulta difícil identificala entre os elementos visibles dada a disparidade de interpretacións sobre o particular.
Plano do conxunto arqueolóxico de San Guillerme (extraído do panel informativo -modificado.) |
Así, mentres a opinión popular supón que a “cama do santo” é o sartego antropomorfo situado ao pé do chamado altar no interior da ermida, segundo outras opinións -como a verquida no panel informativo- o sartego sería a cama do santo propiamente dita (en canto leito destinado ao santo), non a pedra de fecundación. De feito, a tradición sostén que o sartego é a mesma tumba de S. Guillerme (de aí a denominación “cama do santo”), un personaxe non obstante difícil de identificar historicamente, quizais só imaxinado pola tradición popular.
Penedo plano baixo o abrigo, suposta "cama do santo" segundo información da Xunta. |
![]() |
Cartel explicativo sobre a ermida. Aquí identifícase a pedra da fecundidade cunha "gran lousa horizontal" |
En definitiva, cal das pedras podía ter sido retirada senón o sartego?. E aínda así, todos os indicios apuntan a que a cama non debeu ir moi lonxe, porque axiña a repuxeron para continuar co vello rito de fecundación. E parece que alí continúa...
![]() |
Na estancia da esquerda (a ermida) vese o chamado altar ao fondo e, tamén ao fondo á dereita da mesma estancia, o sartego ou "cama do santo" . |
P. S.
Chegar á Ermida de San Guillerme en agosto de 2014 non foi doado. Da estrada que vai da vila de Fisterra ao Faro hai un desvío ben sinalizado no punto de saída, por onde se aparta por unha corredoira que sobe ao monte, en coche con moita dificultade polos cavorcos que hai polo medio. Botados a andar, non atopamos ningunha sinalización, agás os restos do que supoñemos vellos paneis turísticos estragados polo vandalismo e non repostos pola autoridade competente. Estes únicos indicios (máis que indicadores), guiaron o noso percorrido por un inseguro, empinado e longo camiño de case 2 km a través dun monte de piñeiros. Velaquí o percorrido no mapa (sospeito que debe haber atallos...):
Bibliografía
Fernando ALONSO ROMERO e Manuel CORNIDE CASTRO PIÑEIRO. 1999. “Sobre la orientación astronómica de la capilla de San Guillermo (Finisterre. Galicia). Anuario Birgantino, 22 (83-90) (En liña: http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab1999PDF/1999%20083_090.pdf )
s.v. “Litolatrías”, en Eladio RODRÍGUEZ. 1958-1962. Breviario Enciclopédico (ed. de C. Fdez. Valdehorras, La Voz de Galicia, 2001)
Xesús TABOADA CHIVITE. 1965. “O culto das pedras no noroeste peninsular”. RAG (Discurso pronunciado na Real Academia Galega)
No hay comentarios:
Publicar un comentario