Coñecín o impresionante Castro de Cabo Blanco na rede, a través da páxina Castros de Asturias, unha estupenda ventá ao mundo castrexo asturiano onde se recollen todas as novas e bibliografía relacionadas co tema.
Este castro sitúase en Valdepares, un lugar no concello de El Franco atravesado pola N-634. Deixando esta estrada hai que coller un desvío cara ao norte -dirección Fonfría-, pasar por diante dun antigo pazo, dunha igrexa co seu cemiterio e non parar ata chegar á punta, na que se sitúa o castro.
Hai uns anos fixéronse algunhas catas arqueolóxicas, pero hoxe están completamente cubertas pola vexetación. Das estruturas só se distinguen as defensivas, que non son poucas, destacando o foxo que atravesa o istmo e separa a punta da terra firme (a trincheira que o
configura, despexada tamén durante a intervención arqueolóxica, ten 10 m. de altura no tramo máis profundo e 7 m no máis ancho).
![]() |
Plano de A. Villa Valdés |
Pero ao longo do cabo hai polo menos outros 4 foxos, 2 deles coas súas correspondentes murallas, hoxe cubertas por un monte de derrubes (ver plano adxunto).
A exploración da muralla central constatou a remodelación dunha anterior. Outras sondaxes no interior do recinto desvelaron diferentes cabanas castrexas de planta redondeada, sobre as que tamén se fixeron reformas varias ao longo do tempo. As datacións por C14 e os materiais arqueolóxicos atopados sitúan a fase de poboamento más antiga constatada ata o momento entre os ss. IV-II a.C., continuándose ata tempos romanos, non sobrepasando seguramente o século II d.C.
| ||||
|
O pazo de Fonfría (s. XVI)
Bibliografía-Webgrafía
- "Castro de Cabo Blanco", en Castros de Asturias
- FANJUL MOSTEIRÍN, J.A. y VILLA VALDÉS, A. y MENÉNDEZ GRANDA, A. (2009): “El castro de Cabo Blanco, Valdepares (El Franco): informe sobre los trabajos de acondicionamiento y exploración arqueológica (2004-2007)”, Excavaciones Arqueológicas en Asturias 6, 2003-2006. Principado de Asturias. Oviedo, 255-264.
- VILLA VALDÉS, A. (2007): "Mil años de poblados fortificados en Asturias (siglos IX a.C.-II d.C.)", en J. A. Fernández-Tresguerres (Coord.): Astures y romanos: nuevas perspectivas. Real Instituto de Estudios Asturianos. Oviedo, 27-60.
No hay comentarios:
Publicar un comentario